Biblioteca Central De 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 h. Bibliotecas Sucursal de Caranza Pechada
Biblioteca Central
De 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 h.
Bibliotecas Sucursal de Caranza
Pechada
A Biblioteca Municipal Central está situada na Praza de España, nº 2, nunha zona intermedia entre a parte antiga e a parte nova da cidade, moi preto das estacións de trens e autobuses. A Biblioteca Municipal de Caranza sitúase no Centro Cívico do barrio de Caranza, na avenida Castelao s/n. Biblioteca Central Praza de España, 2. 15403 Ferrol. Tfno: 981 944 182. Fax: 981 944 196 Correo electrónico: biblioteca@ferrol.es Biblioteca Caranza Avda. Castelao s/n. 15406 Ferrol. Tfno: 981 944 183. Fax: 981 944 197 Correo electrónico: biblioteca@ferrol.es
A Biblioteca Municipal Central está situada na Praza de España, nº 2, nunha zona intermedia entre a parte antiga e a parte nova da cidade, moi preto das estacións de trens e autobuses. A Biblioteca Municipal de Caranza sitúase no Centro Cívico do barrio de Caranza, na avenida Castelao s/n.
Biblioteca Central Praza de España, 2. 15403 Ferrol. Tfno: 981 944 182. Fax: 981 944 196 Correo electrónico: biblioteca@ferrol.es
Biblioteca Caranza Avda. Castelao s/n. 15406 Ferrol. Tfno: 981 944 183. Fax: 981 944 197 Correo electrónico: biblioteca@ferrol.es
O acceso á biblioteca é libre e gratuíto coa única excepción de que os menores de 9 anos deberán acceder á Sala Infantil acompañados dunha persoa adulta. Os usuarios da biblioteca deberán estar en posesión do carné de lector para a utilización dos servizos da biblioteca, agás para a consulta en sala dos fondos xerais. Os usuarios deben respetar as normas habituais de comportamento nas bibliotecas como as seguintes: falar baixo; silenciar os teléfonos móbiles; non introducir bebidas nin comidas; non se permite reservar postos de lectura. A ausencia do posto de consulta por un espazo de tempo superior a 20 minutos dará dereito a outro usuario a apartar os materiais e a ocupar o posto. A Biblioteca non se encargará de controlar/xestionar estas ausencias; a Sala Infantil/Xuvenil é para uso exclusivo dos nenos e nenas ata 14 anos inclusive, e acompañantes. Os usuarios que presenten comportamentos non axeitados serán sancionados, segundo o tipo de falta cometida, coa expulsión da biblioteca ou coa retirada, temporal ou definitiva, do carné de lector.
O acceso á biblioteca é libre e gratuíto coa única excepción de que os menores de 9 anos deberán acceder á Sala Infantil acompañados dunha persoa adulta.
Os usuarios da biblioteca deberán estar en posesión do carné de lector para a utilización dos servizos da biblioteca, agás para a consulta en sala dos fondos xerais.
Os usuarios deben respetar as normas habituais de comportamento nas bibliotecas como as seguintes: falar baixo; silenciar os teléfonos móbiles; non introducir bebidas nin comidas; non se permite reservar postos de lectura. A ausencia do posto de consulta por un espazo de tempo superior a 20 minutos dará dereito a outro usuario a apartar os materiais e a ocupar o posto. A Biblioteca non se encargará de controlar/xestionar estas ausencias; a Sala Infantil/Xuvenil é para uso exclusivo dos nenos e nenas ata 14 anos inclusive, e acompañantes.
Os usuarios que presenten comportamentos non axeitados serán sancionados, segundo o tipo de falta cometida, coa expulsión da biblioteca ou coa retirada, temporal ou definitiva, do carné de lector.
Os servizos que ofrece a biblioteca son múltiples e variados: consulta en sala, préstamo, acceso a internet, impresión, reprografía, información bibliográfica, actividades de animación á lectura como contacontos ou clubs de lectura, formación de usuarios, exposicións, obradorios, etc.
Todos os servizos da biblioteca son gratuítos. Cabe dicir que para os servizos de reprografía e impresión, malia seren gratuítos, os usuarios terán que traer as follas que vaian utilizar (máx. 10 follas/día).
Tanto a consulta en sala de documentos, sexan do fondo xeral ou local, como a lectura na biblioteca ou a conexión internet mediante wifi son de acceso libre. Sen embargo, é imprescindible ser socio da biblioteca para facer uso do servizo de préstamo, ver películas ou utilizar os ordenadores da biblioteca.
Tanto a consulta en sala de documentos, sexan do fondo xeral ou local, como a lectura na biblioteca ou a conexión internet mediante wifi son de acceso libre.
Sen embargo, é imprescindible ser socio da biblioteca para facer uso do servizo de préstamo, ver películas ou utilizar os ordenadores da biblioteca.
Os servizos básicos (información, préstamo, consulta en sala, acceso a Internet...) son comúns a todas as nosas bibliotecas (Central e Caranza). En función dos recursos dispoñibles hai bibliotecas que ofrecen uns servizos ou outros. Por exemplo, a Biblioteca Central presenta un horario máis amplo cás outras e ofrece algúns servizos complementarios non existentes nas sucursais tales como clubs de lectura, contacontos, visionado de películas, servizo de reprografía etc. Ademais o denso de fondo local está na Biblioteca Central para a súa consulta.
Na seguinte ligazón pode consultar as distintas vías para solicitar o carné de biblioteca. O carné é totalmente gratuíto.
Comunicarllo ao persoal bibliotecario o máis axiña posible para dalo de baixa de maneira que ninguén poida levar en préstamo ningún material con ese carné. Tamén pode facelo a través da App ou da súa sesión persoal do catálogo.
O carné da biblioteca é persoal e intransferible. Non se pode facer uso dos servizos da biblioteca co carné doutra persoa. A persoa propietaria do carné é responsable do material prestado e da súa devolución. Nalgúns casos especiais, previa autorización da persoa interesada, o carné poderá ser utilizado por outra persoa en representación.
Na biblioteca hai follas de autorización a disposición dos usuarios. A persoa solicitante deberá cubrir os datos indicando a persoa a quen autoriza a facer uso do seu carné e entregalo na biblioteca. A persoa autorizada deberá entregar a autorización xunto co seu DNI no Servizo de Información e Préstamo da biblioteca para poder facer constar a solicitude.
Na biblioteca hai follas de autorización a disposición dos usuarios. A persoa solicitante deberá cubrir os datos indicando a persoa a quen autoriza a facer uso do seu carné e entregalo na biblioteca.
A persoa autorizada deberá entregar a autorización xunto co seu DNI no Servizo de Información e Préstamo da biblioteca para poder facer constar a solicitude.
Si. Para utilizar o servizo de préstamo é imprescindible ter o carné de lector da biblioteca e presentalo cando se teña que utilizar este servizo. O carné da biblioteca é un documento intransferible e de uso persoal e imposibilita a utilización do carné doutro usuario sen a súa autorización.
Si. Para utilizar o servizo de préstamo é imprescindible ter o carné de lector da biblioteca e presentalo cando se teña que utilizar este servizo.
O carné da biblioteca é un documento intransferible e de uso persoal e imposibilita a utilización do carné doutro usuario sen a súa autorización.
O total de préstamos dun usuario individual son 20 documentos en toda a rede. Usuario adulto (maior de 14 anos): TIPO DE MATERIAL MÁX. DOCUMENTOS DÍAS DE PRÉSTAMO RENOVACIÓN DÍAS DE RENOVACIÓN TOTAL DÍAS DE PRÉSTAMO Libros adultos 5 21 1 21 42 Libros infantís 5 21 1 21 42 DVD, Blu-ray adultos 3 7 1 7 14 DVD, Blu-ray infantís 3 7 1 7 14 CD adultos 3 7 1 7 14 CD infantís 3 7 1 7 14 CD-rom, Videoxogos adultos 3 7 1 7 14 CD-rom, Videoxogos infantís 3 7 1 7 14 Revistas adultos 3 7 1 7 14 Revistas infantís 3 7 1 7 14 Lectores de libros electrónicos 1 21 1 21 42 Usuario infantil (menor de 14 anos): TIPO DE MATERIAL MÁX. DOCUMENTOS DÍAS DE PRÉSTAMO RENOVACIÓN DÍAS DE RENOVACIÓN TOTAL DÍAS DE PRÉSTAMO Libros infantís 5 21 1 21 42 DVD, Blu-ray infantís 3 7 1 7 14 CD infantís 3 7 1 7 14 CD-rom, videoxogos infantís 3 7 1 7 14 Revistas infantís 3 7 1 7 14 O usuario colectivo pode retirar un total de 60 documentos por biblioteca e 120 en toda a rede. Pode distribuilos do seguinte xeito: TIPO DE MATERIAL MÁX. DOCUMENTOS DÍAS DE PRÉSTAMO RENOVACIÓN DÍAS DE RENOVACIÓN TOTAL DÍAS DE PRÉSTAMO Libros adultos 30 21 2 21 63 Libros infantís 30 21 2 21 63 DVD, Blu-ray adultos 10 21 2 21 63 DVD, Blu-ray infantís 10 21 2 21 63 CD adultos 10 21 2 21 63 CD infantís 10 21 2 21 63 CD-rom, videoxogos adultos 10 21 2 21 63 CD-rom, videoxogos infantís 10 21 2 21 63 Revistas adultos 10 21 2 21 63 Revistas infantís 10 21 2 21 63
O total de préstamos dun usuario individual son 20 documentos en toda a rede.
Usuario adulto (maior de 14 anos):
TIPO DE MATERIAL
MÁX. DOCUMENTOS
DÍAS DE PRÉSTAMO
RENOVACIÓN
DÍAS DE RENOVACIÓN
TOTAL DÍAS DE PRÉSTAMO
Libros adultos
5
21
1
42
Libros infantís
DVD, Blu-ray adultos
3
7
14
DVD, Blu-ray infantís
CD adultos
CD infantís
CD-rom, Videoxogos adultos
CD-rom, Videoxogos infantís
Revistas adultos
Revistas infantís
Lectores de libros electrónicos
Usuario infantil (menor de 14 anos):
CD-rom, videoxogos infantís
O usuario colectivo pode retirar un total de 60 documentos por biblioteca e 120 en toda a rede. Pode distribuilos do seguinte xeito:
30
2
63
10
CD-rom, videoxogos adultos
O préstamo dos libros e lectores de libros electrónicos pódese prorrogar por 21 días máis; para o resto dos materiais a prórroga é de 7 días máis. A renovación pódese facer directamente na biblioteca, por teléfono (marcando o núm. 981 94 41 82) indicando o número de código de barras da tarxeta de lector ou a través dos servizos en liña desta web. Para este último é preciso solicitar o contrasinal na biblioteca. A renovación pódese facer transcorridos 5 días dende a formalización do préstamo e ata o propio día da finalización, pero nunca unha vez pasada a data de entrega. Non se permite a renovación se o documento foi reservado.
Por cada día de demora na devolución corresponde un día de sanción sen poder utilizar o servizo de préstamo. Ademais, os días de sanción multiplicaranse polo número de materiais que se devolveron con demora; quen teña dous libros en préstamo e se demore, por exemplo cinco días na súa devolución, corresponderalle dez días de sanción. Se o documento non se devolve á biblioteca, o carné do usuario quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da rede.
Por cada día de demora na devolución corresponde un día de sanción sen poder utilizar o servizo de préstamo. Ademais, os días de sanción multiplicaranse polo número de materiais que se devolveron con demora; quen teña dous libros en préstamo e se demore, por exemplo cinco días na súa devolución, corresponderalle dez días de sanción.
Se o documento non se devolve á biblioteca, o carné do usuario quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da rede.
Preguntando no mostrador da propia biblioteca, por teléfono ou na sección “Ingrese na súa conta” á que pode acceder dende a parte superior dereita da páxina do catálogo. Para poder acceder a esta sección é imprescindible introducir o número de lector e un contrasinal que recibiu por correo electrónico si o facilitou ó cubrir a solicitude de carné. Se non o fixo, poderá solicitala no mostrador da biblioteca identificándose previamente.
Soamente unha vez sempre que o material non estea reservado. Pode renovar o préstamo transcorridos 5 días dende a formalización do mesmo e ata o propio día da finalización, pero nunca unha vez pasada a data de entrega.
Si, por teléfono (981 94 41 82) e facilitando o seu número de lector ou na sección “Ingrese na súa conta” á que pode acceder dende a parte superior dereita da páxina do catálogo. Para poder acceder a esta sección é imprescindible introducir o número de lector e un contrasinal que recibiu por correo electrónico se o facilitou ó cubrir a solicitude de carné. Se non o fixo, poderá solicitalo no mostrador da biblioteca identificándose previamente.
Pode deberse a diferentes motivos: Ter feito unha renovación anterior do préstamo (soamente se pode facer unha). Ter sancións pendentes coa biblioteca. Os documentos están reservados por outro usuario. Xa se excedeu na data de préstamo e non existe posibilidade de renovación.
Pode deberse a diferentes motivos:
Ao se tratar dun dato privado, esta información non se pode dar por teléfono. O titular do carné debe presentarse e identificarse na biblioteca. Tamén existe a posiblidade de recuperalo dende premendo na seguinte ligazón.
Si, os materiais terán que devolverse na biblioteca en que se tomaron en préstamo.
Debemos velar pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio de todos, polo que en caso de perda ou deterioro de material será preciso repoñelo adquirindo un novo exemplar do mesmo título ou, no caso de que o exemplar xa non estea dispoñible no mercado ou sexa moi difícil a súa adquisición, o persoal da biblioteca proporá un título alternativo. Mentres, non poderá levar ningún material en préstamo. A suspensión farase efectiva a todas as bibliotecas da rede.
O lector non poderá utilizar o servizo de préstamo en ningunha das bibliotecas da rede ata a devolución de todo o material prestado ou a súa reposición e, se é o caso, a finalización do proceso de sanción por demora na devolución.
Na Biblioteca Central, en todo momento en que a biblioteca permaneza pechada, poderá realizar as devolucións depositando os exemplares no buzón existente na porta principal. Non se poden devolver no buzón os lectores de libros electrónicos.
O usuario poderá solicitar a reserva de calquera documento pertencente á biblioteca que estea prestado. Deste xeito, no momento en que o anterior lector ou lectora o devolva, a biblioteca separarao e chamará a persoa que solicitara a reserva. Un lector só poderá solicitar a reserva de seis materiais ao mesmo tempo, e o límite máximo de reservas por tipo de material é de 3 para libros e revistas e 2 para o resto de materiais. O prazo para recoller as reservas é de tres días dende que se avisa a persoa usuaria. A partir dese prazo, a reseva quedará anulada. Tamén se admiten reservas de materiais dispoñibles sempre e cando se recollan no mesmo día. Neste caso é necesario chamar á biblioteca para indicar o título que se quere reservar.
O usuario poderá solicitar a reserva de calquera documento pertencente á biblioteca que estea prestado. Deste xeito, no momento en que o anterior lector ou lectora o devolva, a biblioteca separarao e chamará a persoa que solicitara a reserva.
Un lector só poderá solicitar a reserva de seis materiais ao mesmo tempo, e o límite máximo de reservas por tipo de material é de 3 para libros e revistas e 2 para o resto de materiais. O prazo para recoller as reservas é de tres días dende que se avisa a persoa usuaria. A partir dese prazo, a reseva quedará anulada.
Tamén se admiten reservas de materiais dispoñibles sempre e cando se recollan no mesmo día. Neste caso é necesario chamar á biblioteca para indicar o título que se quere reservar.
Si, pode facer a solicitude e cando o devolvan o envien a biblioteca solicitante para recollelo.
Non. Todos os documentos para consulta en sala (ou os non prestables a domicilio) están marcados cun punto vermello no lombo e mais un adhesivo no interior que indica "Non se presta a domicilio". Ademais no segundo andar sitúanse os materiais de Fondo Local en consulta restrinxida; debe solicitar a súa consulta ao persoal da biblioteca.
A biblioteca conta co servizo de préstamo intrabibliotecario que posibilita a solicitude de libros ou materiais especiais pertencentes a outras bibliotecas de Galicia. Para facer uso deste servizo só se precisa ter o carné da biblioteca e pedir a folla de solicitude no mostrador. Só se poderá pedir un material por solicitude, excepto para os documentos con material anexo ou en varios volumes, onde se permite ata un máximo de tres exemplares. Ademais, cada lector soamente pode ter en préstamo á vez un documento que proveña dun préstamo intrabiblioteario. Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto coa persoa usuaria mediante teléfono ou correo electrónico. Dende o momento da recepción dos materias na biblioteca, a persoa solicitante contará cun prazo de sete días para recollelo, de non ser así será sancionada con 10 días sen préstamo.
Non. Se o material existe en calquera das bibliotecas municipais de Ferrol será preciso ir en persoa á sucursal correspondente para levalo en préstamo. Soamente no caso de que non exista ese material en ningunha desas bibliotecas, poderá efectuarse a solicitude a outra biblioteca da rede.
Si, a través da Plataforma Galicia Le: http://www.galiciale.es/index_es.html e de Ebook Dicoruña: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac/#indice Ademais, a biblioteca conta con lectores de libros electrónicos para o seu préstamo.
O método máis eficaz para localizar un documento é consultar o catálogo da biblioteca, onde podemos saber se os materiais están ou non dispoñibles, en que biblioteca, en que sala e con que sinatura. Se se teñen dúbidas, débese acudir ao mostrador e consultar co persoal da biblioteca. O catálogo do fondo da Biblioteca pódese consultar a través dos ordenadores da propia biblioteca ou nesta web. A biblioteca está informatizada desde o ano 2001, e unha parte da colección anterior a esta data aínda non está incluída no catálogo automatizado. Se non atopa o que busca, o persoal do mostrador pode axudarlle. Tamén dispón do Servizo de Información Bibliográfica nesta web.
O método máis eficaz para localizar un documento é consultar o catálogo da biblioteca, onde podemos saber se os materiais están ou non dispoñibles, en que biblioteca, en que sala e con que sinatura. Se se teñen dúbidas, débese acudir ao mostrador e consultar co persoal da biblioteca. O catálogo do fondo da Biblioteca pódese consultar a través dos ordenadores da propia biblioteca ou nesta web. A biblioteca está informatizada desde o ano 2001, e unha parte da colección anterior a esta data aínda non está incluída no catálogo automatizado.
Se non atopa o que busca, o persoal do mostrador pode axudarlle. Tamén dispón do Servizo de Información Bibliográfica nesta web.
De cada documento podemos obter información sobre o rexistro biblográfico (autor, título, materias, edición, data de publicación, etc.) e información do exemplar (datos sobre a súa localización, número de copias e dispoñibilidade).
Necesita anotar a sinatura do documento (ver na pestaña “exemplares”), que reflicte a localización habitual do libro na biblioteca.
Pode ser que o documento estea reservado ou mal situado. Solicite axuda ó persoal da biblioteca.
A maioría das revistas do ano en curso poden consultarse en acceso directo na Hemeroteca, así como os xornais do mes en curso. Para consultar tanto as revistas do ano en curso que non están expostas na Hemeroteca como as revistas e os xornais anteriores, deberá solicitalo no mostrador da sala. Ademais, o último número recibido dunha revista non se pode levar en préstamo, só consultalo na biblioteca, ata o momento en que chegue o seguinte número. As publicacións periódicas locais antigas pódense consultar exclusivamente na Sala de Lectura, coa previa petición ao seu persoal.
A maioría das revistas do ano en curso poden consultarse en acceso directo na Hemeroteca, así como os xornais do mes en curso. Para consultar tanto as revistas do ano en curso que non están expostas na Hemeroteca como as revistas e os xornais anteriores, deberá solicitalo no mostrador da sala. Ademais, o último número recibido dunha revista non se pode levar en préstamo, só consultalo na biblioteca, ata o momento en que chegue o seguinte número.
As publicacións periódicas locais antigas pódense consultar exclusivamente na Sala de Lectura, coa previa petición ao seu persoal.
As revistas aparecen no catálogo da biblioteca ao igual que outros materiais (libros, vídeos, etc.). No catálogo atopará, igualmente, información sobre os números dos que dispón. Pero, hoxe en día, aínda existen números e títulos antigos sen incluir no catálogo automatizado, polo que para máis información deberá preguntar na propia biblioteca.
Co carné de biblioteca obténse acceso a plataforma de préstamo de libros electrónicos de GaliciaLe. Tamén é posible solicitar o acceso a Ebiblio Dacoruna.
Si. A biblioteca realiza visitas guiadas con diversos centros escolares, outros colectivos e con usuarios en xeral, nas que poden ampliar o seus coñecementos sobre a biblioteca e as posibilidades que esta ofrece: descubrir o espazo da biblioteca, coñecer os servizos que ofrece e os aspectos fundamentais da súa organización, normas de funcionamento da biblioteca, identificar e localizar os distintos tipos de documentos, uso do catálogo, etc. A biblioteca ofrece a posibilidade de concertar sesións baixo demanda para grupos sobre estes ou outros temas que lles poidan interesar aos usuarios.
Si. A biblioteca realiza visitas guiadas con diversos centros escolares, outros colectivos e con usuarios en xeral, nas que poden ampliar o seus coñecementos sobre a biblioteca e as posibilidades que esta ofrece: descubrir o espazo da biblioteca, coñecer os servizos que ofrece e os aspectos fundamentais da súa organización, normas de funcionamento da biblioteca, identificar e localizar os distintos tipos de documentos, uso do catálogo, etc.
A biblioteca ofrece a posibilidade de concertar sesións baixo demanda para grupos sobre estes ou outros temas que lles poidan interesar aos usuarios.
Activando o correo electrónico da súa ficha de lector en calquera mostrador da biblioteca. No momento que se realice a seguinte actualización das listas de correo vostede comezará a recibir os correos informativos.
Si, pode facelo por diferentes vías: solicite os impresos oportunos no mostrador, dende o apartado “Contacto” desta web ou no correo electrónico biblioteca@ferrol.es para as peticións de compra, dende esta web no apartado En liña > Solicitude de novas adquisicións ou dende o apartado “Ingrese na súa conta” ao que pode acceder dende a parte superior dereita da páxina do catálogo. Para poder acceder a esta sección é imprescindible introducir o número de lector e un contrasinal que que recibiu por correo electrónico si o facilitou ó cubrir a solicitude de carné. Se non o fixo, poderá solicitalo no mostrador da biblioteca identificándose previamente.
Si, pode facelo por diferentes vías:
Se desexa propoñer a compra de libros ou outros materiais para que formen parte da colección da biblioteca, solicite o impreso correspondente e entrégueo no mostrador, ou ben realice a solicitude dende o apartado “Ingrese na súa conta” ao que pode acceder dende a parte superior dereita da páxina do catálogo. Para poder acceder a esta sección é imprescindible introducir o número de lector e un contrasinal que recibiu por correo electrónico si o facilitou ó cubrir a solicitude de carné. Se non o fixo, poderá solicitalo no mostrador da biblioteca identificándose previamente. Toda suxestión de compra será valorada e, de ser aceptada, vostede será o primeiro en dispoñer dese documento.
Consulte o apartado "Servizos >> Doazóns".
Rogamos que se achegue ao mostrador da planta baixa e fale co persoal.