• O servizo de préstamo realízase nas plantas primeira para libros de adultos, na baixa o fondo infantil e xuvenil, revistas e audiovisuais e na segunda planta para cómics de adultos.
  • Na Sala Infantil/xuvenil practicamente tódolos libros, agás as enciclopedias, dicionarios e grandes manuais, son de préstamo. Os materiais audiviosuais e as revistas tamén.
  • Na primiera pranta e na segunda xestiónanse as coleccións de libros de maior circulación, situadas en andeis de libre acceso. A colección de menor circulación está nun depósito e os seus libros  solicítanse mediante folla de petición. Pódense levar en préstamo case tódolos libros do depósito posteriores a 1958.
  • No espazo de Música e Imaxe, na planta baixa, pódese acceder á colección de DVDs, CDs, documentos electrónicos e videoxogos que están colocados en andeis de acceso directo ordenados por materias e xéneros musicais os fonogramas.
  • Tamén serán susceptibles de préstamo as coleccións prestables da Rede das Bibliotecas Nodais de Galicia. De non posuir a Biblioteca M. de Ferrol o título desexado, poderáselle solicitar a outra Biblioteca da Rede. Pregúntelle ao persoal da Sala.

Destacados