Todo lector da biblioteca pode solicitar a adquisición dun determinado libro, material audiovisual ou electrónico. A biblioteca atenderá todas as suxestións, e dependendo do interese da obra suxerida en relación co fondo da biblioteca e a dispoñibilidade orzamentaria do momento, procederá ou non a súa adquisición.

Pódense facer chegar as suxestións sobre novas adquisicións directamente en calquera sala da biblioteca ou a través dos servizos en liña desta web.

Destacados