A biblioteca pon a disposición das persoas usuarias adultas e da mocidade unha Sala de Lectura, onde están os fondos bibliográficos de consulta que están excluidos de préstamo: dicionarios, enciclopedias, directorios, anuarios, bibliografías, guías, códigos, repertorios lexislativos e grandes manuais.

A colección está ordenada en andeis de libre acceso seguindo os códigos da CDU. Nesta Sala aténdese, tamén mediante folla de petición, a consulta dos fondos de interese local, do fondo máis antigo, e das coleccións de publicacións periódicas antigas.

Para os usuarios menores de 14 anos, na Sala Infantil existe unha sección de libros de consulta con enciclopedias, dicionarios, manuais, etc.

Destacados