O carné de lector é o documento que posibilita ao usuario o acceso a unha serie de servizos que ofrece a Biblioteca, como son o préstamo a domicilio, o uso da internet, o préstamo en sala dalgúns fondos etc.

O carné da biblioteca pódese solicitar a través de dúas vías:

  • Telemática. Esta opción está dispoñible para persoas físicas con DNI/NIE que dispoñan de certificado dixital ou Chave365. Se se trata dunha persoa menor de idade, estes requisitos deberaos reunir o seu representante. Pódese solicitar picando aquí.

  • Presencial. Dispoñible para todas as persoas e entidades. Pódese solicitar directamente na biblioteca ou iniciar o rexistro nesta páxina. Os requisitos para a súa obtención son:

    • Presentación do DNI ou documento identificativo.

    • No caso dos menores de 14 anos deberán acudir acompañados do pai/nai ou titor legal.

    • É necesario mostar o DNI ou documento similiar para recoller o carné.

    • No caso das entidades, será a persoa representante da entidade a que faga a solicitude do carné, podendo autorizar a outras persoas para utilizalo.


Vixencia: O carné non caduca. Os cambios nos datos persoais deben ser comunicados á Biblioteca. En calquera caso, os datos renovaranse cada cinco anos no caso dos adultos e cada tres nos nenos.

Destacados