O servizo de renovacións de libros en préstamo a través da web da Biblioteca permite que os materiais que estén en préstamo e aínda permanezan dentro do plazo de 21 ou 7 días (segundo corresponda) se poidan prorrogar 21 ou 7 días máis.

Pasos previos:

  • Solicite na biblioteca o seu número de identificación persoal, lle servirá como chave ou contrasinal.
  • Proporciónase no mostrador de información e préstamo.
  • Só se darán chaves aos posuidores do carné, previa presentación do mesmo. Unha vez que acceda ó servizo poderá modificar a contrasinal se o desexa.

Para facer efectiva a renovación fai falla seguir os pasos seguintes:

  • Entrar na opción Catálogos.
  • En "Ingresar na súa conta" introdúcese o número de carné e o contrasinal.
  • Unha vez validados estes datos acceder Á miña Biblioteca.
  • Ábrese unha páxina cos datos dos exemplares prestados ao usuario.
  • Aqueles que se poidan renovar aparecen cun cadro de verificación que hai que marcar para escoller o que se desexa renovar.
  • Selecciónase o exemplar, púlsase o botón Renovar seleccionados ou Renovar todos.
  • Comprobaremos que efectivamente queda realizada a renovación

Destacados