A Biblioteca Municipal de Ferrol ten como obxectivos principais satisfacer as necesidades de lectura e información da cidadanía de Ferrol, promover a lectura, facilitar o estudo e o acceso ás novas tecnoloxías, ser un centro de ocio  e  converterse nun verdadeiro instrumento nivelador das diferenzas culturais. Para acadar estes fins, ofrece unha serie de materiais e servizos, tales como:

  • Un fondo  de máis 91.000 obras, 80.000 libros, preto de 12.000 audiovisuais, e 700 títulos de publicacións periódicas.
  • Unha extensa sección lexislativa ao servizo dos cidadáns, institucións e empresas.
  • Unha Sección Local, que conta cun total de máis de 4.000 exemplares, entre monografías e publicacións periódicas.
  • Servizos para a infancia, mocidade, adultos e persoas con necesidades especiais. Actividades de promoción da lectura, especialmente pensadas para o público infantil; un programa de formación de usuarios dirixido aos escolares;  servizos de acceso e promoción das tecnoloxías da información; e exposicións.
  • Unha sección de novidades bibliográficas, dispoñibles para o préstamo.
  • Un servizo de acceso a Internet rápido e gratuíto así como de equipos dotados de aplicacións (OpenOffice.) para usar, tamén de balde, por parte dos usuarios, e ordenadores de consulta ao catálogo da Biblioteca (OPACS).
  • Un servizo de información xeral ou especializada.
  • Un servizo de préstamo interbibliotecario.
  • Un servizo de información continua sobre a colección, a través de boletíns das novas adquisicións e os servizos da páxina web.
  • Un servizo de prórroga de libros en préstamo, ben en presenza ou por teléfono, de forma inmediata.
  • Ademais, pode utilizar certos  servizos en liña como o acceso aos catálogos, solicitar prórrogas dos préstamos, suxestións de compras entre outros.

    Destacados