Trátase dunha sala destinada á consulta de publicacións periódicas. Esta sección dispón de 46 postos de lectura, así como dun servizo de reprografía en réxime de autoservizo, co fin de que os usuarios poidan facer copias daqueles materiais que sexan do seu interese.

A través dela a biblioteca ofrécelle ós lectores o acceso libre á:

  • Prensa diaria local, rexional, nacional e internacional.

         Mantense a disposición dos usuarios os xornais correspondentes ó último mes, mentres que os números anteriores deberán ser solicitados no mostrador ó persoal da sala para a súa consulta .

  • Revistas de información xeral e especializada

        Os últimos números das revistas  están nos expositores de libre acceso da sala. Para a consulta dos números anteriores é necesario solicitalos ó persoal da sala.

        Tódalas publicacións periódicas recibidas na biblioteca consérvanse, como mínimo, durante un ano, mentres que as publicacións de carácter local son conservadas de forma permanente.

        A información de cada publicación periódica está accesible desde o catálogo de acceso público da biblioteca (OPAC).

       Algunhas publicacións préstanse a domicilio, un máximo de  tres exemplares durante 7 días, con posibilidade dunha prórroga por outros 7 días. As publicacións excluídas de préstamo son o último número das revistas e a prensa diaria.

       A Hemeroteca conserva unhas coleccións de revistas semanarios, etc publicados desde 1837. Para más información pode dirixirse ao Servizo de Información Bibliográfica na 2ª planta.

  • Acceso a prensa diaria on line: El Pais (desde 1976); La Voz de Galicia (edición de A Coruña desde  1882 e a edición de Ferrol desde 1980)

Destacados