A Biblioteca Local reúne libros, folletos, revistas, xornais e material variado que tratan de aspectos relacionados con Ferrol, de editores ferroláns ou de autores ferroláns. Existen actualmente cerca de 4.000 exemplares descritos.

Descrición do fondo:

  • Libros e folletos
  • Artigos de publicacións varias. Están introducidos no catálogo do Fondo Local como rexistros bibliográficos independentes. Poden ser artigos de publicacións periódicas, determinados capítulos de monografías, comunicacións e actas de congresos, etc.
  • Xornais e revistas. Dispón dunha colección de 96 títulos de xornais e revistas publicadas en Ferrol desde 1866.
  • Memorias de entidades e planos.

Case todo o fondo da Biblioteca Local está excluído do préstamo. Pódese consultar na Sala de Fondo Local 2ª planta coa petición previa por escrito e presentación do carné da biblioteca. Na Sala de Préstamo existe unha pequena sección de fondo local que pode prestarse a domicilio.

Destacados