A biblioteca ten establecido un servizo de atención ao público que orienta o lector e axúdalle na localización e utilización do fondo bibliográfico.
Achega respostas a preguntas concretas, coa axuda das coleccións da Sala de Lectura, repertorios de referencia, repertorios lexislativos. Sobre a consulta de CD-Roms e sobre o acceso público a Internet.
Aténdense tanto as consultas realizadas presencialmente como as realizadas por teléfono, fax, correo postal ou correo electrónico.
Formulario de consultas de información bibliográfica.
Achégase tamén información sobre documentos que non están na biblioteca indicando onde se poden conseguir.
Igualmente, solucionan as dúbidas sobre o funcionamento da biblioteca e os seus servizos, a organización dos seus fondos e a localización das obras co uso do catálogo en liña (OPAC).