O fondo da biblioteca contén aproximadamente unhas 72.000 obras. Destas, un 90%  xa están introducidas na base de datos e son accesibles, por tanto, a través do catálogo en liña (OPAC). Básicamente consta de:

  • Os libros adquiridos a partir do ano 1986, dispoñibles para o préstamo a domicilio e accesibles na súa maior parte na Sala de Préstamo en e na Sala Infantil.
    Os libros que se utilizan menos e os que quedaron máis obsoletos atópanse no depósito de libros, tamén dispoñibles para o préstamo.
  • Os libros da sección de referencia. Esta parte do fondo está soamente dispoñible para a consulta na Sala de Lectura, non para o préstamo a domicilio
  • O fondo máis antigo (libros publicados desde 1800 a 1958), está en proceso de catalogación, e non está accesible aínda no catálogo en liña (OPAC) na súa totalidade.

Dentro deste fondo inclúese o que se podería chamar o fondo patrimonial ou a base inicial do fondo bibliográfico da Biblioteca no momento das súa creación, constituído por 4.000 volumes. Estes procedían dun fondo que o Concello lle entregara á antiga Biblioteca Pública do Centro Obrero de Cultura y Beneficencia,  o cal foi clausurado aos poucos días do inicio do Movimiento. Desta maneira volvían a reverter ao Concello a inmensa maioría das obras que lle entregara ao centro no ano 1917. Na actualidade consérvanse 3.067 obras do citado fondo.

Se necesita información sobre este fondo aínda non introducido no catálogo en liña,  acuda ao Servizo de Información Bibliográfica na 2ª planta ou pode utilizar o Servizo de Información Bibliográfica accesible desde esta Web.

Destacados