A Biblioteca Municipal de Ferrol agradece as doazóns de documentos que contribúen a enriquecer o patrimonio bibliográfico da cidade, aínda que se reserva o dereito de admisión do material doado polos particulares, tendo en conta o interese e a utilidade de devanditos fondos para a biblioteca e os seus usuarios. As doazóns de documentos admítense sen ningún tipo de condición por parte da persoa que efectúe a doazón. A biblioteca decidirá a localización, uso e destino final do material doado en función das súas necesidades.
ORIENTACIÓNS PARA REALIZAR UNHA DOAZÓN
Antes da entrega física dos documentos a persoa doante debe saber:
Serán rexeitados:
Nos casos nos que a doazón sexa rexeitada total ou parcialmente, suministrarase á persoa doante que así o desexe, un directorio de Bibliotecas potencialmente interesadas na recepción do material, ante a cal tramitar directamente a súa doazón.
Os doantes deberán aportar os seus datos de contacto: nome, apelidos, teléfono e e-mail.
Pasos a seguir para realizar unha doazón:
Só se aceptarán as doazóns que cumplan os criterios enumerados neste documento. A Biblioteca se reserva o dereito de decidir que obras se incorporan á súa colección. As obras que se incorporen convertiránse en propiedade da biblioteca pública e recibirán o mesmo tratamento documental que o resto da colección con respecto a criterios da súa permanencia.