Para a consulta de CD-Rom’s e DVD-Rom’s a Biblioteca pon a disposición dos usuarios varios ordenadores que están situados na planta 2ª.

En xeral, trátase de obras de referencia en formato CD-Rom ou DVD-Rom: dicionarios, enciclopedias, catálogos, atlas e mapas, ou de temática local.

Condicións de consulta: tempo máximo de consulta: 90 minutos. Unha consulta diaria. Nas pantallas dos ordenadores destinados a este uso pode verse a listaxe de títulos aos que se pode acceder. Non é posible consultar outros títulos que non formen parte desa lista. A impresión realizarase a través da impresora situada na Sala. O usuario deberá controlar a impresión lanzada (máximo dez páxinas). As impresións serán gratuítas, e ainda que non se lles proporcionará papel aos usuarios, rógase, en beneficio de todos, que non fagan un uso abusivo do servizo. Se o desexa pode levar a información gravada nun USB.

Nota: A Biblioteca resérvase a posibilidade de cambiar estas condicións de acceso sen previo aviso e non se fai responsable das posibles avarías ou caídas do sistema informático así como da velocidade de transmisión de datos.

Destacados