Para solicitar o carné da biblioteca, podes facelo a través de dúas vías:
Telemática. Esta opción está dispoñible para persoas físicas con DNI/NIE que dispoñan de certificado dixital ou Chave365. Se se trata dunha persoa menor de idade, estes requisitos deberaos reunir o seu representante. Pódese solicitar picando aquí.
Presencial. Dispoñible para todas as persoas e entidades. Pódese solicitar directamente na biblioteca ou iniciar o rexistro nesta páxina. Os requisitos para a súa obtención son:
Presentación do DNI ou documento identificativo.
No caso dos menores de 14 anos deberán acudir acompañados do pai/nai ou titor legal.
É necesario mostar o DNI ou documento similiar para recoller o carné.
Facer o carné de socio é totalmente gratuíto e con el poderás levar en préstamo como máximo:
Ademais co carné poderás facer uso dos ordenadores en Internet durante 90 minutos ao día.