|
Programa de formación e emprego FERROL INSERTA
Venres, 4 de novembro de 2011
O Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta" se realiza coa coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e esta dirixido á colocación no mercado de traballo de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional e práctica laboral. Ten un total de 100 participantes, que foron seleccionados dun total de case 500 candidaturas remitidas polo Servizo Público de Emprego.
Este proxecto que combina formación, práctica, e emprego, estará dirixido, preferentemente, ás seguintes áreas:
- Sociosanitaria
- Seccións de supermercados
- Hostalería
- Proceso de selección de participantes.
Formación:
- Intervención social na atención Xerontolóxica
- Auxiliar de seccións de supermercado.
- Manipulador de alimentos
- Dependente Polivalente de Distribución Alimentaria (Peixería, Carnicería)
- Axudante de Cociña e Bar
Centro de Emprego 981944195 emprego@ferrol.es
|
|