|
Este mércores 4 de xaneiro impartirase un curso de manipulador de alimentos, dentro do Programa Integrado para o Emprego “Ferrol Inserta”
Martes, 3 de xaneiro de 2012
Realizarase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol a partir das 10,00 horas
Algo máis de vinte persoas do Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta", que desenvolve a Concellería de Emprego do Concello de Ferrol, participarán este mércores nun curso de manipulador de alimentos, co obxectivo de obter o certificado que lles permita traballar nos sectores alimentario e/ou da hostalería. A maior parte deste alumnado realizou un curso de auxiliar de seccións de supermercado, que comezará a súas fase de prácticas en empresa na próxima semana.
O Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta" se realiza coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e esta dirixido á colocación no mercado de traballo de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional e práctica laboral. Ten un total de 100 participantes, que foron seleccionados dun total de case 500 candidaturas remitidas polo Servizo Público de Emprego.
|
|