|
O luns 26 de decembro comeza un curso de auxiliar de seccións pertencente ao Programa Integrado para o Emprego “Ferrol Inserta”
Luns, 26 de decembro de 2011
Este curso comezará no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, e terá unha duración de 300 horas.
No curso de auxiliar de seccións de supermercado participan 20 persoas, e durante o mesmo se realizará unha formación cun amplo contido de prácticas en establecementos do territorio, de xeito que o alumnado aprenda a realizar todas as actividades correspondentes as seccións de froitería, pescadaría e chacinería.
O Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta" se realiza coa coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e esta dirixido á colocación no mercado de traballo de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional e práctica laboral. Ten un total de 100 participantes, que foron seleccionados dun total de case 500 candidaturas remitidas polo Servizo Público de Emprego.
O carácter experimental e innovador deste programa consiste na busca de diferentes alternativas para a inserción laboral integral destas persoas a través do deseño personalizado dun plan adaptado ás necesidades de cada persoa participante.
|
|