A Concelleira de Emprego do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros, presenta o curso de Dependente Polivalente de Distribución Alimentaria (Peixería, Carnicería) de 160 horas de duración, no Centro de Emprego.

Xoves, 15 de marzo de 2012
Este curso se enmarca dentro do Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta", e durará ata o próximo 30 de abril.

O curso de Dependente Polivalente de Distribución Alimentaria (Peixería, Carnicería) de 160 horas de duración, se inicia no Centro de Emprego o pasado 12 de marzo, durante esta semana se desenvolverá a parte teórica do mesmo, adicando a semana próxima ao obradoiro teórico-práctico previo ás prácticas en empresa, que se iniciarán o 26 de marzo. Estas prácticas se realizarán nunha importante cadea de supermercados, nos seus establecementos de Ferrol e Comarca. O alumnado está composto por 12 persoas, desempregadas, e está prevista a realización, nos vindeiros meses, dunha segunda edición deste curso para outras 12 persoas.

As persoas integrantes deste curso, ao igual que todas as participantes no Ferrol Inserta, teñen un seguimento personalizado a través dun dobre sistema de titorías: colectivas e individuais, de xeito que o seu seguimento é continuo ao longo do programa.

O Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta" se realiza coa coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e esta dirixido á colocación no mercado de traballo de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional e práctica laboral. Ten un total de 100 participantes, que foron seleccionados dun total de case 500 candidaturas remitidas polo Servizo Público de Emprego.

O carácter experimental e innovador deste programa consiste na busca de diferentes alternativas para a inserción laboral integral destas persoas a través do deseño personalizado dun plan adaptado ás necesidades de cada persoa participante.

Este programa desenvolverase como un plan integral de emprego no que se implementarán accións de diversa natureza, entre as cales, e ao mesmo tempo que a formación, se estan desenvolvendo actividades de orientación e apoio para a inserción, dun xeito individualizado ás persoas beneficiarias.

Progrmas Integrados



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego