Inicio do Curso de axudante de cociña e barra do Programa Integrado Ferrol Inserta.

Xoves, 12 de abril de 2012
O día 26 de marzo de 2012 fíxose a presentación no Centro de Emprego deste curso que se desenvolverá do 27/03/2012 a 11/05/2012

Cunha xornada de luns a venres (4 horas diarias, repartidas en cociña e barra-sala), para un total de 19 alumnos/as, esta acción formativa ten unha duración total de 120 horas e finalizará o 11 de maio de 2012.

O lugar de impartición da formación é o Restaurante Illas Gabeiras, e os bloques temáticos que contempla esta acción formativa son os seguintes:

  • Introdución á hostalería e ao área de cociña
  • Manipulación de alimentos
  • Preparacións básicas de cociña : hortalizas, peixes, mariscos, aves e carnes
  • Preparacións básicas de cociña fría
  • Elaboración de sopas, legumes secos, arroces, pastas e ovos
  • Preparación da área de bar-cafetería
  • Oferta e servizo de bebidas en barra
  • Os viños. Servizos de viños e cavas en barra
  • Sándwichs, bocadillos, tortitas e tostadas
  • Preparación e servizo no comedor

 

Progrmas Integrados



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego