O Programa Integrado para o Emprego “Ferrol Inserta” inicia unha actividade formativa na área xerontolóxica

Luns, 19 de decembro de 2011
O vindeiro luns, 19 de decembro dará comezo no Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol, a acción formativa “Intervención social na atención Xerontolóxica” de 60 horas de duración, que contará coa participación de 22 alumnos/as.

Este curso forma parte do conxunto de actividades que se desenvolverán nos próximos meses no marco do Programa Integrado para o Emprego “Ferrol Inserta”, cuxo obxectivo é apoiar á inserción laboral de 100 participantes, todos eles/elas, pertencentes aos colectivos máis afectados polo desemprego (Mulleres, menores de 30 anos e parados/as de longa duración).

No marco de “Ferrol Inserta” está prevista a realización de outras accións formativas centradas no sector da Hostalaría e do Comercio/Alimentación e que contarán có apoio de diversas empresas vinculadas ao territorio.

O programa completarase coa posta en marcha doutras actuacións dirixidas a mellorar a empregabilidade dos participantes (accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional e práctica laboral).

Este programa conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

Progrmas Integrados



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego