fai clic para regresar ó inicio
Introducción | Tarefas | Recursos | Procesos | Avaliación | Conclusión | Créditos | WQ Profesorado
Introducción|Destinatarios|Relación co currículo|Implementación|Temporalización|Recursos|Avaliación|Conclusión|Equipos

 

Contidos:

Parece máis acaído dar unha referencia da relación cos bloques temáticos do futuro Currículo galego, para que sexa o profesorado, en última instancia, quen concrete con exactitude a composición final. Decidimos facer referencia concreta só aos contidos de 4º da ESO; nas seguintes materias:

Bioloxía e xeoloxía
As transformacións nos ecosistemas

A dinámica dos ecosistemas

Construción e identificación de cadeas e redes tróficas no ecosistema como exemplo de dinámica e interacción. Interpretación de pirámides ecolóxicas.

Análise do ciclo da materia e o fluxo de enerxía nos ecosistemas naturais. Idea de ciclo bioxeoquímico. Análise do ciclo do carbono.

Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo, do impacto dos incendios forestais, das especies invasoras e a súa relación coa evolución e a sucesión no ecosistema. Constatación da modificacións dos ambientes polos seres vivos e valoración da intervención humana.

Investigación dalgún problema ambiental do contorno e análise crítica a partir das achegas da ciencia, valoración e comunicación de conclusións.



Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
Bases históricas da sociedade actual

Transformacións políticas e económicas na Europa do Antigo Réxime.

A crise do Estado absoluto. As ideas ilustradas. Reformismo borbónico en España. A Ilustración galega: as Sociedades Económicas de Amigos do País.

Transformacións políticas e socioeconómicas no século XIX. Revolución industrial. Liberalismo e Nacionalismo: activismo revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e movemento obreiro. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación.

Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX. A fin do imperio colonial español. As desamortizacións e a súa importancia en Galicia.

Arte e cultura na época contemporánea.



Matemáticas
Xeometría

Aplicación da semellanza de triángulos e o teorema de Pitágoras para a obtención indirecta de medidas. Resolución de problemas xeométricos frecuentes na vida cotiá.

Utilización doutros coñecementos xeométricos na resolución de problemas do mundo físico: medida e cálculo de lonxitudes, áreas, volumes, etc.