fai clic para regresar ó inicio
Introducción | Tarefas | Recursos | Procesos | Avaliación | Conclusión | Créditos | WQ Profesorado
Introducción|Destinatarios|Relación co currículo|Implementación|Temporalización|Recursos|Avaliación|Conclusión|Equipos

Este traballo, elaborado por un grupo do Centro de Formación e Recursos de Ferrol e auspiciado polo Concello desta cidade, pretende facer unha aproximación á cidade de Ferrol é, mais en concreto, ao barrio da Magdalena. A idea é que o alumnado que a utilice teña unha visión de conxunto das circunstancias e razóns da creación da nova cidade de Ferrol no século XVVIII, e de cómo foi evolucionando esta. Esta desculpa pode moi ben servir como elemento de estudo dos contidos curriculares que despois se describirán.

A metodoloxía deste traballo- WebQuest- consiste en propiciar aprendizaxes por descubrimento guiado, utilizando para conseguilo materiais que están na Rede, no noso caso colgados maioritariamente por nós mesmos.

Procuramos que o traballo fose interdisciplinar, en coherencia coa envergadura dunha iniciativa como a de poñer en marcha unha cidade, aínda que as materias mais relevantes serán a Xeografía, a Historia, e as Ciencias da Natureza en Xeral. Conscientes de que tamén os coñecementos e capacidades mobilizados de matemáticas, lingua e TIC son imprescindibles e determinantes para o desenvolvemento desta actividade.

Desexamos que sirva para abordar con interese os temas que aludimos, que proporcione tamén coñecementos e a posta en valor da cidade de Ferrol e da súa evolución, e que faga, en definitiva, que o alumnado se achegue a uns contidos, por veces áridos, dun xeito ameno provocando o seu interese; elemento fundamental para canalizar con éxito os esforzos que todo proceso de aprendizaxe require.

Para poder participar debes darte de alta no apartado de equipos. Nesta sección, darás de alta os grupos de alumnos/as cos que queiras levar a termo esta proposta didáctica.