fai clic para regresar ó inicio
Introducción | Tarefas | Recursos | Procesos | Avaliación | Conclusión | Créditos | WQ Profesorado
Introducción|Destinatarios|Relación co currículo|Implementación|Temporalización|Recursos|Avaliación|Conclusión|Equipos

Posta en práctica

Para levalo a cabo precísase unha aula de informática con conexión á rede, e algunha impresora asociada para imprimir informacións, que se poderán ler de vagar e permitirán diversificar as tarefas dentro do equipo e tamén para imprimir as respostas, se así o considera o profesorado.

Sería desexable que o traballo fose asumido por varios profesores de diferentes materias para conseguir:

  • Evidenciar a multidisciplinariedade do saber humano e de calquera acontecemento, fenómeno ou obxecto en concreto.
  • Lograr que a duración do traballo non se prolongue en demasía ao longo de varias semanas, como ocorre se o fai un só profesor nas súas horas. Isto redundaría tamén nun mellor aproveitamento do tempo se fose posible unir varias sesións de clase, evitando así os inevitables tempos mortos derivados de traballos que requiren un aparato específico.
  • Introducir a práctica de traballo por proxectos interdisciplinares, que achegan os contidos curriculares á realidade dun xeito máis verosímil e completo que as aproximacións dende as disciplinas individualmente.