Este traballo, elaborado por un grupo do Centro de Formación e Recursos de
Ferrol e auspiciado polo Concello desta cidade, pretende facer unha
aproximación á cidade de Ferrol é, mais en concreto, ao barrio da Magdalena. A
idea é que o alumnado que a utilice teña unha visión de conxunto das
circunstancias e razóns da creación da nova cidade de Ferrol no século XVVIII,
e de cómo foi evolucionando esta. Esta desculpa pode moi ben servir como
elemento de estudo dos contidos curriculares que despois se describirán.
A metodoloxía deste traballo- WebQuest- consiste en propiciar aprendizaxes por
descubrimento guiado, utilizando para conseguilo materiais que están na Rede,
no noso caso colgados maioritariamente por nós mesmos.
Procuramos que o traballo fose interdisciplinar, en coherencia coa envergadura
dunha iniciativa como a de poñer en marcha unha cidade, aínda que as materias
mais relevantes serán a Xeografía, a Historia, e as Ciencias da Natureza en
Xeral. Conscientes de que tamén os coñecementos e capacidades mobilizados de
matemáticas, lingua e TIC son imprescindibles e determinantes para o
desenvolvemento desta actividade.
Desexamos que sirva para abordar con interese os temas que aludimos, que
proporcione tamén coñecementos e a posta en valor da cidade de Ferrol e da súa
evolución, e que faga, en definitiva, que o alumnado se achegue a uns contidos, por
veces áridos, dun xeito ameno provocando o seu interese; elemento fundamental
para canalizar con éxito os esforzos que todo proceso de aprendizaxe require.
Para poder participar debes darte de alta no apartado de equipos. Nesta
sección, darás de alta os grupos de alumnos/as cos que queiras levar a termo
esta proposta didáctica.
|