fai clic para regresar ó inicio
Introducción | Tarefas | Recursos | Procesos | Avaliación | Conclusión | Créditos | WQ Profesorado
Introducción|Destinatarios|Relación co currículo|Implementación|Temporalización|Recursos|Avaliación|Conclusión|Equipos

 

Conclusión

Estamos persuadidos que a Escola non debe quedar indiferente ante os feitos de extrema gravidade que estamos a vivir nas nosas costas. Un desastre froito, sen dúbida, dun mundo demasiado xeo de mesquiños intereses. A educación aspira ao coñecemento da verdade, non nun sentido filosófico senón social e, por iso, esta proposta de traballo cos rapaces naceu como a necesidade vital dun grupo de mestres de poñer luz sobre o "caso Prestige" que, desde o primeiro día estivo acompañado de informacións incompletas, equivocadas e, nas más das veces, enormemente tendenciosas. Os responsables da administración seguen a minimizar un feito que non só tinxe de chapapote as nosas costas, senón tamén as nosas almas.

Para que algo así non volva a suceder esa ficticia organización internacional por un mundo novo vos anima a que traballedes con vosos rapaces para que sexan cidadáns informados e críticos e que nunca esquezan que outro mundo é posible.