Próximo inicio do “FERROL INSERTA 6”

Luns, 1 de agosto de 2016
A dirección xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, ven de conceder para a anualidade 2016-2017 un novo programa integrado para o emprego

Este novo proxecto terá unha duración de 12 meses con inicio previsto en setembro de 2016 e fin en agosto de 2017

Como en edicións anteriores, este programa comprende un completo conxunto de accións dirixidas á mellora da empregabilidade e á inserción no mercado laboral das persoas participantes. Entre outras desenvolveranse accións de:

  • Información, orientación e asesoramento.
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
  • Formación para o emprego.
  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  • Fomento da capacidade emprendedora.
  • Prospección empresarial.
  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas.

O programa diríxese a un total de 60 PERSOAS desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, agrupadas nalgún dos seguintes colectivos prioritarios:

  • Persoas desempregadas con discapacidade
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social
  • Menores de 30 anos de baixa cualificación
  • Menores de 30 anos
  • Mulleres desempregadas
  • Persoas desempregadas de longa duración

Inscrición
Todas as persoas interesadas, pertencentes a calquera dos colectivos sinalados, que teñan a súa demanda de emprego no Concello de Ferrol, poden solicitar a participación neste programa no Servizo Público de Emprego de Galicia, na Oficina de Emprego de Ferrol-Centro, edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.

Accións:

- Ligazón accións formativas 1
- Ligazón accións formativas 2
- Ligazón prácticas

Ferrol Inserta 6



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego