As prácticas teñen unha duración de 150 horas, que se desenvolven nun máximo de 5 horas por día, de luns a venres. As empresas pertencen a distintos sectores entre os que están:
Metal mecánica, Alimentación (peixaría, carnicería, panadería, reposición, caixa,...), Téxtil-calzado, Hostalería, Informática/electrónica de consumo, Deportes, Deseño gráfico- artes gráficas, Asesorías-Consultorías de formación, Sociosanitarios (domicilio, institucións, asociacións), Garderías/Centros de ocio, Obra pública, Grandes superficies e Construción.
O programa integrado de emprego do Concello de Ferrol “Ferrol Inserta 6” é un programa dirixido á colocación no mercado de traballo de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional, e práctica laboral. Inclúe, ademais, actividades de prospección de empresas e intermediación laboral así como accións para favorecer a mobilidade laboral. Forman parte deste programa un total de 60 persoas en situación de desemprego, pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas con discapacidade
- Menores de 30 anos desempregados
- Mulleres desempregadas
- Menores de 30 anos desempregados con baixa cualificación
- Persoas desempregadas en risco de exclusión social
- Persoas desempregadas de longa duración
Este programa comezou en setembro de 2016 e rematará en agosto de 2017.