Comezan as accións formativas do Programa Integrado para o Emprego “Ferrol Inserta 6”

Luns, 21 de novembro de 2016
Sesenta persoas en situación de desemprego participan neste programa cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Este programa integrado de emprego está dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional, e práctica laboral. Inclúe ademais actividades de prospección de empresas e intermediación laboral así como favorecer a mobilidade laboral.

As actividades formativas que se están a realizar ata final de ano son as seguintes:

  • Informática para a busca de emprego (50 h), xa impartida 4 grupos de 15 persoas
    • Elaboración cv
    • Posicionamento en buscadores
  • PRL básico (60 h), desenvolvese na actualidade e impártese o xenérico e a parte específica de naval-metal.
  • Marca persoal e intelixencia emocional para o emprego (15 h)

Ao mesmo tempo estanse a desenvolver outras actividades como:

  • Prospección de empresas e intermediación laboral para a inserción. Para un colectivo de 15 persoas que se atopan en proceso de busca activa
  • Titorías e orientación
    • Entrevista diagnostica de orientación
    • Elaboración perfil profesional (individual e grupal)
    • Elaboración obxectivo profesional-persoal
    • Valoración prospección individual
  • Obradoiros abertos
    • Mellora do CV
    • Entrevista de traballo (posibilidades, preparación, ...)
    • Ferramentas de análise do mercado laboral e prospección

Ferrol Inserta 6



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego