O Programa Integrado para o Emprego do Concello de Ferrol, Ferrol Inserta 6, comeza un novo período formativo.

Martes, 14 de marzo de 2017
A partir de marzo desenvolveranse dúas novas accións formativas para as persoas participantes neste proxecto, que terán lugar no Centro de Emprego do Concello de Ferrol

No que vai dende o inicio de 2017 implementaronse as seguintes accións formativas transversais de apoio ao colectivo participante:

  • Habilidades sociais para o emprego (30 horas)
  • Manipulador de alimentos (10 horas)
  • Atención ao cliente, técnicas de venda e merchandising (60 horas)

A partir de marzo desenvolveranse dúas novas accións formativas para as persoas participantes neste proxecto, que deu comezo no mes de setembro de 2016. Comeza unha nova fase formativa, que terá lugar no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, e que comprende dúas accións:

  • Operador/a de carretillas, plataformas elevadoras e ponte grúa, de 70 horas de duración, para dous grupos dun máximo de 15 persoas cada un. Comprenderá o uso de distintos tipos de carretillas e plataformas elevadoras para a realización de tarefas en distintos sectores laborais.
  • Escaparatismo e paquetería, de 70 horas de duración, para dous grupos dun máximo de 15 persoas cada un. Terá aplicación a distintos sectores comerciais e contará con prácticas reais en empresas.

Unha vez finalizado este período formativo darán comenzo as prácticas cunha duración de 150 horas, distribuíndose os alumnos entre máis de 30 empresas da comarca de Ferrol.
 

Ferrol Inserta 6

Ferrol Inserta 6



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego