Durante o mes de marzo de 2016, no Centro de Emprego de Ferrol, vanse desenvolver actividades formativas nos ámbito de: Prevención de Riscos Laborais nivel básico (60 horas), e Atención ao cliente, técnicas de venda e merchandising (60 horas), para as persoas participantes no Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta 5".
Neste programa participan un total de 80 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. O seu carácter experimental e innovador consiste na busca de diferentes alternativas para a inserción laboral integral das persoas con maiores dificultades para incorporarse ao mercado de traballo, baixo un enfoque que permita o deseño personalizado dun plan adaptado ás necesidades de cada persoa beneficiaria, así como das necesidades das empresas nas que as persoas participantes son inseridas.
Paralelamente á formación execútanse actividades de orientación grupal destinadas a traballar Habilidades Sociais, para cada un dos grupos participantes. Esta orientación incluirá módulos ou talleres de curta duración nos que se presentará e ensinará a utilizar técnicas e ferramentas de busca de emprego que permitirán á persoa desempregada elaborar o seu propio plan persoal de acción para a busca activa de emprego, traballaranse habilidades sociais como a autoestima, autocoñecemento persoal, comunicación, asertividade, crítica, etc. en definitiva, formación no campo laboral e en aspectos persoais e de interacción social.
O Programa Integrado para o Emprego "Ferrol Inserta 5" realizase coa colaboración da Xunta de Galicia, a través das subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas integrados para o emprego durante os anos 2015 e 2016.
Ligazón á nova das Prácticas en empresa
Ligazón segunda etapa formativa
Ligazón ao peche do programa