Clausura do Programa Inserta 5 no Centro Cultural Torrente Ballester.

Sábado, 30 de xullo de 2016
Neste acto entregáronse os diplomas aos 80 alumnos que dende setembro acudiron ás accións formativas deste programa integrado de emprego “Ferrol Inserta 5”, dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, e asesoramento para o autoemprego.

O pasado venres 29/07/2016 tivo lugar o acto de clausura do Programa Inserta 5, coa presenza do Alcalde Jorge Suárez, do Concelleiro de Emprego Álvaro Montes e do Director Xeral de Orientación e Promoción Económica Alfonso Marnotes González.

As 80 persoas deste programa pertencen a cinco colectivos:

  • Menores de 30 anos;
  • Menores de 30 anos con baixa cualificación;
  • Mulleres desempregadas;
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social;
  • Persoas desempregadas de longa duración

Dentro do Ferrol Inserta 5 desenvolvéronse diversas actividades, como accións formativas, de orientación e asesoramento individual; de orientación grupal, e prácticas profesionais non laborais, nas que colaboraron un total de 44 empresas de Ferrol e comarca.

Este programa permitiu que un 55% de persoas tiveran a posibilidade de traballar, ou traballen, no período da execución do mesmo. Un 16,66% de persoas foron inseridas nas mesmas empresas onde realizaron as prácticas profesionais non laborais

Este programa busca darlle continuidade á colaboración mantida nos últimos anos entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Ferrol para habilitar ferramentas de inserción para o colectivo de persoas desempregadas no territorio. O seu obxectivo fundamental por tanto é conseguir un 45% de inserción profesional laboral.

Ferrol Inserta 5



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego