|
O Concello de Ferrol asina un convenio con 43 empresas da comarca dentro do programa Ferrol Inserta 5
Xoves, 31 de marzo de 2016
O alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Emprego, Eugenia Freire, presidiron a rúbrica dos acordos para a realización de 150 horas de prácticas laborais co obxectivo de acadar unha inserción do 45%.
O Concello de Ferrol asinou un convenio con 43 empresas da comarca no marco do programa Ferrol Inserta 5 para favorecer que as 80 persoas participantes completen a súa formación teórica coa realización de 150 horas de prácticas laborais (5 horas de luns a venres) durante dous meses (abril e maio 2016) polas que percibirán unha pequena remuneración como gastos de desprazamento.
Ferrol Inserta 5 é un programa cofinanciado pola Xunta de Galicia que esta dirixido á colocación no mercado de traballo de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional, e práctica laboral. Inclúe, ademais, actividades de prospección de empresas e intermediación laboral así como accións para favorecer a mobilidade laboral.
O programa diríxese a un total de 80 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, con especial atención aos colectivos con máis dificultades para a súa inserción laboral: - Menores de 30 anos - Mulleres desempregadas - Menores de 30 anos con baixa cualificación - Persoas desempregadas en risco de exclusión social - Persoas desempregadas de longa dirección
A duración completa deste programa é de 12 meses e coa sinatura do convenio para as prácticas laborais, encarase a recta final de Ferrol Inserta 5, que remata en maio.
Sectores empresariais nos que desenvolven a súa actividade as 43 empresas participantes: - Metal/mecánica - Traballo temporal - Alimentación (peixería, carnicería, panadería, reposición, caixa,...) - Textis/calzado - Hostalería - Deportes - Deseño gráfico / artes gráficas - Asesorías - Audiovisual - Sociosanitarios (domicilio, institucións, asociacións) - Garderías - Obra pública - Librerías - Salóns de peiteado e imaxe persoal - Material de oficina - Grandes superficies - Construción - Comercio animais - Mutuas - Xardinería
|
|