Unha vez finalizado o período de prácticas, comeza unha nova fase formativa, que terá lugar no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, e que comprende tres accións:
- Operador de carretillas, plataformas elevadoras e ponte grúa, de 80 horas de duración, impartirase para dous grupos dun máximo de 15 persoas cada un. Comprenderá o uso de distintos tipos de carretillas e plataformas elevadoras para a realización de tarefas en distintos sectores laborais.
- Escaparatismo e paquetería, de 80 horas de duración, impartirase para tres grupos dun máximo de 13 persoas cada un. Terá aplicación a distintos sectores comerciais e contará con prácticas reais en empresas.
- Inglés para atención ao público, de 60 horas de duración, impartirase para dous grupos dun máximo de 10 persoas cada un. Este curso esta dirixido a persoas que desenvolvan a súa actividade con atención ao público en sectores vinculados ao turismo, hostalería e comercio.