“Inserta 3” é un programa de emprego dirixido á colocación no mercado de traballo de persoas desempregadas, a través da combinación de accións de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional, práctica laboral. Inclúe ademais actividades de prospección de empresas e intermediación laboral así como o favorecemento da mobilidade xeográfica.
Busca dar continuidade a liña de colaboración mantida nos últimos anos entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ferrol na busca de ferramentas de inserción para o colectivo de desempregados do territorio
Os colectivos prioritarios son:
- Persoas desempregadas en risco de exclusión social
- Mulleres
- Menores de 30 anos
- Persoas desempregadas de longa duración
- Accións formativas
- Prácticas