|
Inicio das prácticas non laborais no programa integrado para o emprego “INSERTA 3”.
Luns, 17 de marzo de 2014
O desenvolvemento das prácticas non laborais será entre os meses de marzo e abril, nunhas 31 empresas colaboradoras da comarca de Ferrol.
O Concello de Ferrol puxo en marcha no mes de novembro de 2013 o Programa Integrado para o Emprego “INSERTA 3”, o cal esta dirixido a un total de 80 persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. O programa foi concedido pola Consellería de Traballo e Benestar, e conta con financiamento do propio concello.
Este programa integrado para o emprego, a través dun itinerario que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación e practica laboral, ten o obxectivo de ofrecer as persoas a posibilidade de inserción laboral.
O desenvolvemento das prácticas non laborais será entre os meses de marzo e abril, en diversas empresas da comarca de Ferrol, con aproximadamente 31 empresas colaboradoras. Ditas prácticas terán unha duración de 6 semanas de luns a venres, e as horas diarias axustaranse á dispoñibilidade das empresas establecéndose un mínimo de 5 h e un máximo de 8 h diarias.
As prácticas laborais enténdense como a acción integradora deste programa e de todo proceso de inserción laboral, logo de que as persoas participantes adquiran unha cualificación específica, como foron as actividades transversais. Estas prácticas xunto co traballo de prospección para conseguir empresas complementarase coa busca da inserción do colectivo.
Os obxectivos das practicas do “INSERTA 3” son:
- Mellorar a empregabilidade dos usuarios ofrecendo un contacto coa realidade laboral actual.
- Contribuír a completar a súa formación.
- Desenvolvemento de competencias e habilidades profesionais.
- Aprender as habilidades e os hábitos de novas actividades
.
Con todo isto, o total de participantes que disporán das prácticas será de 61 persoas, dos 80 inscritos no programa, xa que as persoas restantes xa estan incorporadas o mercado laboral ou non desexan realizar as prácticas. Este programa conta este ano cun obxectivo de inserción do 45%.
As empresas que acollen ao alumnado en prácticas pertencen aos seguintes sectores: gran distribución alimentaria, hostalería, bricolaxe-construción, moda e complementos, electrodomésticos, servizos as empresas, deportes, entidades sociais e fundacións, restauración colectiva, materiais de oficinas, limpeza, servizos sociosanitarios
Realizar unhas prácticas ou formación no lugar de traballo é unha ferramenta moi eficaz xa que moitos empregadores teñen a percepción de que a falta de experiencia no mercado laboral pode corrixirse desta maneira, polo que os candidatos que van a realizar as prácticas resultarán máis atractivos de cara ao emprego. Este programa, así como outros que se executan dende o Centro de Emprego, está deseñado para a mellora da empregabilidade e a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo.
|
|