Este proxecto combina a realización de dúas actividades complementarias, por unha banda un obradoiro sobre as cooperativas de servizos sociais, e por outro unha xornada sobre o cooperativismo nos servizos sociais.
Obradoiro sobre as cooperativas
Comezará o 19 de outubro, e o número de prazas esta limitado a un máximo de 25, a inscrición se pode realizar no Centro de Emprego no teléfono 981 944 195, a través da páxina web www.ferrol.es/emprego, ou do correo emprego@ferrol.es
Este obradoiro se celebrará no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, os días 19, 21, 26 e 28 de outubro e os días 2 e 4 de novembro, en horario de 16,30 a 19,30. Esta dirixido a todas as persoas interesadas en traballar no ámbito dos servizos sociais, aquelas interesadas na fórmula cooperativa como vía de autoemprego, e/ou profesionais implicados no desenvolvemento local e comarcal e/ou en servizos sociais.
Os obxectivos desta actividade son:
- A divulgación das potencialidades da cooperativa como fórmula de autoemprego na área social.
- Formar e orientar ás persoas que realizan funcións de orientación laboral e servizos sociais de proxectos na área de emprego para conseguir que a fórmula empresarial cooperativa sexa difundida como unha potencialidade de cara ó desenvolvemento socioeconómico local.
- Incentivar ós/ás futuros/as emprendedores/as locais e comarcais, en materia cooperativa, na procura da figura xurídica do cooperativismo como fórmula empresarial.
O obradoiro, de 18 horas de duración, terá un carácter práctico e desenvolverase dunha forma dinámica.
Xornada sobre cooperativismo nos servizos sociais.
O 6 de novembro de 2009, no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, en horario de 9,00 a 14,30, dirixida, ademais das persoas do obradoiro sobre cooperativas, a outras persoas integrantes de cooperativas da comarca, a outros profesionais dos servizos sociais que estean en activo no sector público, no tecido asociativo, ou no sector privado.
Ponencias:
- A Lei de Dependencia como oportunidade para a xeración de emprego no ámbito dos servizos sociais e de atención ás persoas. (Vanesa García - Traballadora Social).
- A estratexia de mercado: captación de clientes nos ámbitos público e privado. (Antón Ínsua - Xerente de Cidadanía s.coop.galega).
- Experiencia cooperativa. Abeiro Social s.coop.galega (Ana Ramos).
- Experiencia cooperativa. Faíscas s.coop.galega (Mª Dolores Alonso).
- Experiencia cooperativa. Moncana s.coop.galega (Ana Bermúdez)