Imaxe da nova

Un Obradoiro Dual de Emprego recuperará os lavadoiros de Ferrol

Martes, 22 de outubro de 2024
Neste obradoiro dos lavadoiros, a formación que recibirán os alumnos e alumnas será da especialidade formativa de fábricas de albanelería e de cubertas de tella e lousa. Serán 10 os alumnos en situación de desemprego, inscritos no SPEG cunha idade igual ou superior a 18 anos, e cun nivel de formación de ESO ou equivalente, aos que se formarán durante nove meses.
 

Imaxe da nova

O Concello de Ferrol contará cunha nova edición do Programa Integrado de Emprego

Mércores, 16 de outubro de 2024
Proximamente iniciarase o procedemento de selección das 100 persoas participantes. As persoas interesadas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego e atoparse en situación de desemprego. Ademais, estas persoas deberán ter a súa residencia no Concello de Ferrol.
 

Imaxe da nova

O luns 8 de abril comezaron os cursos "Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais" e "Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos".

Luns, 8 de abril de 2024
O Concello de Ferrol é beneficiario dunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para a realización de accións formativas dirixidas ás persoas desempregadas.
 

Imaxe da nova

Curso de Comunicación en Lingua Galega Nivel 2

Luns, 4 de marzo de 2024
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, comezou o día 4 de marzo de 2024 o curso Comunicación en Lingua Galega nivel 2, até o 13 de marzo de 2024, en horario de 9 a 14 horas e cunha duración total de 38 horas.
 

Imaxe da nova

Apertura das datas de inscrición no curso Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

Luns, 12 de febreiro de 2024
Do 12 ao 16 de febreiro de 2024, ambos inclusive
 

Imaxe da nova

Próximo inicio do Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2023/24.

Mércores, 3 de xaneiro de 2024
O “Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2023/24” é un programa de emprego cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que ten como finalidade á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego.
 

Imaxe da nova

APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN AO CURSO DE COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ NIVEL 2

Martes, 28 de novembro de 2023
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, comezará o día 15 de xaneiro de 2024 o curso de competencias clave: Comunicación en lingua castelá nivel 2, até o 21 de febreiro de 2024, en horario de 9 a 14 horas e cunha duración total de 138 horas.
 

Imaxe da nova

O tenente alcalde e concelleiro de Emprego, Javier Díaz, clausurou na mañá do 15/11/2023 o Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2022-2023.

Mércores, 15 de novembro de 2023
O 62 % dos participantes xa conseguiron un posto de traballo e espérase que a porcentaxe aumente nas próximas datas.
 

Imaxe da nova

INICIO DO CURSO DE COMPETENCIA MATEMÁTICA NIVEL 2

Mércores, 11 de outubro de 2023
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, comezou o día 6 de novembro de 2023 o curso Competencia Matemática nivel 2, até o 18 de decembro de 2023, en horario de 9 a 14 horas e cunha duración total de 138 horas.
 

Imaxe da nova

Accións formativas para persoas desempregadas 2023-2024

Luns, 2 de outubro de 2023
O Concello de Ferrol é beneficiario dunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para a realización de 6 accións formativas dirixidas ás persoas desempregadas.
 

 
Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego