Próximo inicio do “FERROL INSERTA 7”

Luns, 11 de decembro de 2017
A dirección xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, ven de conceder para a anualidade 2017-2018 un novo programa integrado para o emprego

Este novo proxecto terá unha duración de 12 meses con inicio previsto en neste mes de decembro.

Como en edicións anteriores, este programa comprende un completo conxunto de accións dirixidas á mellora da empregabilidade e á inserción no mercado laboral das persoas participantes. Entre outras desenvolveranse accións de:

  • Información, orientación e asesoramento.
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
  • Formación para o emprego.
  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  • Fomento da capacidade emprendedora.
  • Prospección empresarial.
  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas.

O programa diríxese a un total de 85 PERSOAS desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, agrupadas nalgún dos seguintes colectivos prioritarios:

  • Persoas desempregadas con discapacidade
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social
  • Menores de 30 anos de baixa cualificación
  • Menores de 30 anos
  • Maiores de 45 anos
  • Persoas beneficiarias PREPARA
  • Mulleres desempregadas
  • Persoas desempregadas inmigrantes

Inscrición
Todas as persoas interesadas, pertencentes a calquera dos colectivos sinalados, que teñan a súa demanda de emprego no Concello de Ferrol, poden solicitar a participación neste programa no Servizo Público de Emprego de Galicia, na Oficina de Emprego de Ferrol-Centro, edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.

Prácticas

Programa Integrado



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego