O PIE é un programa dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, a través dun plan integral de emprego no que se implementarán accións transversais de diversa natureza.
O seu carácter experimental e innovador consiste na procura de diferentes alternativas para a inserción laboral integral das persoas con maiores dificultades para incorporarse ao mercado de traballo, baixo un enfoque que permita o deseño personalizado dun plan adaptado ás necesidades de cada persoa beneficiaria, así como das necesidades das empresas.
Nos últimos meses implementouse a formación específica cos seguintes itinerarios deseñados en función dos colectivos usuarios e das demandas das empresas:
- Auxiliar de comercio (100 horas)
- Auxiliar de almacén (100 horas), con formación en carretillas e plataformas baixo norma UNE
- Manipulador de produtos cárnicos (100 horas)
- Actividades de limpeza de inmobles (80 horas)
- Actividades auxiliares para a industria e a construción (100 horas), con formación en carretillas, plataformas e ponte guindastre baixo norma UNE
Ao tempo, estase a realizar a labor de intermediación laboral por parte do equipo técnico do programa, cun volume de ofertas de emprego de 225 xestionadas a 30 de setembro de 2018.
En canto aos niveis de inserción, a 30 de setembro, a porcentaxe de persoas con entrada no mercado laboral acada un 51,75 %, con boas perspectivas cara as prácticas.
Como reforzo da actividade de orientación a totalidade dos participantes desde PIE 7 recibiron un curso de “Habilidades Sociais para o emprego” de 25 horas, estando pendentes outros tres da mesma duración de “Inglés”, “Marca Persoal e intelixencia emocional” e “Coaching para o emprego”, no afán de mellorar as súas posibilidade de incorporación ao mercado laboral.
Neste mes de outubro desenrolaranse as practicas profesionais non laborais, coas seguintes características:
- 150 ou 200 horas
- 6 horas diarias de luns a venres
- Empresas participantes: aproximadamente unhas 25
- Participantes: Entre 50 usuarios
- Sectores de referencia: Alimentación (frescos, carnicería, panadería, reposición, caixa,...); Téxtil-calzado; Informática; Administración; Electrónica de consumo; Tendas animais; Xoguetes; Deportes; Deseño gráfico-artes gráficas; Cooperativas (agrotendas,....); Sociosanitarios (domicilio, institucións, asociacións); Obra pública; Grandes superficies; Construción; Bricolaxe.