Un total de 60 persoas empadroadas en Ferrol, que non teñen completados os seus estudos obrigatorios de Secundaria e a maioría delas desempregadas, prepáranse nas instalacións do Centro de Emprego Municipal para as probas de competencia clave de nivel 2 convocadas pola Xunta de Galicia. Así o indicou a concelleira de Emprego, Martina Aneiros, quen informou de que as clases se desenvolven en grupos de 20 alumnos de luns a venres e en horario de mañá e tarde, e que estas continuarán até o día 13 do vindeiro mes de abril.
Martina Aneiros, que daba a benvida ao alumnado participante nesta acción formativa, explicou que posuír estas competencias posibilita a estas persoas que non teñen a titulación necesaria a determinados cursos de formación ocupacional con certificado de profesionalidade (cursos AFD). A Consellería de Traballo e Benestar da Administración autonómica fixou os devanditos exames de avaliación de competencia para os días 14 e 15 de abril.
LIGAZÓN Á NOVA DE RESULTADOS