Finaliza o proxecto do Concello de Ferrol para a preparación das probas de competencias clave, convocadas pola Xunta de Galicia, con case un 60% do alumnado examinado que superou todas as probas ás que se presentou.

Venres, 27 de abril de 2012
Posuír estas competencias posibilita ás persoas que non teñen a titulación suficiente, o acceso a cursos de formación para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade.

Un total de 60 persoas, que non teñen completados os seus estudos obrigatorios de Secundaria e a maioría delas desempregadas, preparáronse nas instalacións do Centro de Emprego para as probas de competencias clave de nivel 2 convocadas pola Xunta de Galicia, a través da convocatoria publicada no DOG nº34 do 17 de 02 de 2012.

A formación comezou o pasado 5 de marzo, e desenvolveuse ata o 13 de abril, sendo a proba o 14 de abril. O Concello de Ferrol deseñou un programa de clases intensivo, dividindo ás persoas interesadas en 3 grupos de 20 persoas cada un, 2 de mañá e 1 de tarde, con clases todos os días de luns a venres. As competencias que se prepararon foron para nivel 2.

Das persoas presentadas só o 8% non aprobaron ningunha das competencias, e o 58% aprobaron todas as probas preparadas. Das persoas que aprobaron algunha das probas preparadas, resultados que se manteñen para futuras convocatorias, o 20% aprobaron dúas ou máis competencias.

Cofinancia Deputación da Coruña



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego