AquaCiencia Vente! Para educadores Contanos Axuda Mergullate
Que e?

Ferrol é un concello marcado determinantemente pola auga. A cidade moderna foi construída, por exemplo, sobre unha viliña mariñeira e sinalou o seu desenvolvemento ao ritmo da construcción naval dos estaleiros. O concello conta ademais con numerosos quilómetros de praia e cantís e cunha das maiores extensións de auga doce de Galicia: a lagoa de Doniños.

A auga sempre estivo detrás das grandes culturas de historia. O éxito dos faraóns do Exipto, por exemplo, foi debido en boa medida a saber controlar as enchentas do río Nilo e aproveitalas para os cultivos. O mesmo fixeron os incas, os maias, os gregos ou os pobos babilónicos. Por iso nos vellos libros e nas lendas dos pobos antigos sempre se fala da auga, da auga que destrúe ou da auga que fai que as prantas e os animais vivan. Nós mesmos, os humanos, temos un corpo que é case todo auga.

Por iso dende o Concello de Ferrol pensamos que era importante achegar o coñecemento deste prezado elemento. A súa enerxía e propiedades vense nos paneis e nas máquinas que forman Aquaciencia, o xardín didáctico da auga. Un espacio para aprender e para xogar co que é o principal elemento deste planeta, a fonte da súa vida.

Nunha extensión duns 5000 m2, o Xardín Didáctico Aquaciencia é un recinto que aproveita as súas características medioambientais para amosar todas as funcións da auga. En estado natural, formando ríos e lagoas, ou canalizada artificialmente, a auga é a protagonista do espacio. De xeito ameno e atractivo, os visitantes poden ir paseando polo xardín e, mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, descubrir a auga, a súa enerxía e os seus principios dinámicos...


Vista do parque 1


Vista do parque 2



PortadaVente!Para educadoresCóntanosAxudaMergúllate