Para vós que sodes pais, profesores ou monitores, Aquaciencia preparou unhas completas fichas temáticas sobre a auga e sobre as máquinas do parque. Nelas recóllense datos que vos poden servir para profundizar nos vosos coñecementos e para empregalos no proceso de aprendizaxe dos rapaces e rapazas. Alí recóllese a historia dos aparellos e máquinas de auga, as súas principais aplicacións, e a pervivencia destes mecanismos na nosa vida diaria e no noso arredor máis próximo. Podes descargar as fichas completas en formato PDF ou ben facelo unha a unha dende cada aparello, navegando polo plano do parque. Están preparadas por un equipo de profesores do Centro de Formación e Recursos de Ferrol, editadas polo Concello de Ferrol. O Grupo de Traballo Aquaciencia compuxérono Rosario Belda Otero, Francisco Castillo Rodríguez, Antón Cortizas Amado, Justino Fernández Negral, Cristina Fernández González, Concepción García Rodríguez, Jaime López Picallo, Luis Losada Díaz, José Luis Orjales Rodríguez, Fernando Rodríguez Lamela, Pilar Vilela Castro e Xosé Ramos Rodríguez, que actuou ademais como coordinador. Da parte informativa foron autores Francisco Castillo Rodríguez, Justino Fernández Negral, e Luis Losada Díaz. |
||||
Descargar fichas: intro-03 (Introducción, portada, clepsidra, acueducto e ariete hidráulico) 04-08 (Central hidroeléctrica, noras, bóla, tubo de Pitot e transbordador) 09-13 (Depósito, muíño, vasos comunicantes, machuco e bomba de xerro) 14-18 (Bomba peristáltica, parafuso de Arquímedes, fonte de Herón, turbina e cambón) |
||||
Portada Que é? Vente! Cóntanos Axuda Mergúllate |