Novas

venres, 12 de agosto de 2022

O Concello promove ceas en lancha pola ría de Ferrol con música en directo durante as fins de semana de agosto e setembro

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus, anunciou que se poderá gozar desta iniciativa os días 19, 20, 26 e 27 de agosto e o 2, 3, 9 e 10 de setembro. Xa poden reservarse en https://www.viaxesgalitur.com/. O Concello celebrará o 222º aniversario da Batalla de Brión coa tradicional recreación da loita e diversas actividades para todos os públicos no Castelo de San Felipe. Música en directo dinamizará este mes as rúas do centro da cidade no marco da programación das festas de verán. Os días 27 e 28 haberá unha exposición de coches antigos na explanada de Fimo e no Cantón de Molíns, respectivamente


O Concello promove ceas en lancha pola ría de Ferrol con música en directo durante as fins de semana de agosto e setembro


O Concello de Ferrol continúa impulsando diversas actividades de dinamización económica e social da cidade durante os meses de verán. Esta mañá a concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus, presentou diversas iniciativas que terán lugar nas próximas semanas. Unha das principais novidades son as ceas en lancha pola ría de Ferrol, que se celebrarán os días 19, 20, 26 e 27 de agosto e o 2, 3, 9 e 10 de setembro. As persoas interesadas xa poden reservar praza na web https://www.viaxesgalitur.com/, onde se ofrecen menús para adultos (40 euros) e para nenos (10 euros). 

A cea, que terá lugar coa lancha fondeada fronte ao castelo de San Felipe, estará acompañada por música en directo. A embarcación sairá ás 20.30 horas do porto de Curuxeiras e regresará ás 00.00 horas, e no caso de que o tempo impida a actividade, reintegrarase o importe da cea. Cada saída contará con 40 prazas. 

Música na rúa 
A concelleira tamén anunciou esta mañá a celebración de varios concertos na rúa durante o mes de agosto co fin de “contribuír en colaboración coas asociacións de hostalería e comercio na dinamización da nosa cidade”. Así os días 16, 23 e 30 de agosto, de 19 a 23 horas, haberá actuacións na rúa Dolores. O día 18 de agosto, na rúa Real, de 21 a 23 horas, e os días 18 e 25 de agosto, de 19 a 23 horas, na rúa Magdalena. “A nosa intención é animar á poboación a gozar da nosa cidade e da completa oferta gastronómica e comercial que ofrecen as nosas rúas”. 

Tradicional recreación da Batalla de Brión 
Outra das actividades programadas para os próximos días é a tradicional conmemoración da Batalla de Brión no seu 222º aniversario. O sábado 20 terá lugar a ofrenda floral aos heroes de Brión no Baluarte de San Xoán a partir das 13 horas. O domingo 21 de agosto, entre as 10 e as 20 horas, celebraranse numerosas actividades no castelo de San Felipe, como un campamento de época, ambientación da época e animación infantil con obradoiros e xogos tradicionais en diferentes partes do castelo. Haberá visitas guiadas aos espazos expositivos da fortaleza (10.30h, 12h e 13h) e unha exhibición de esgrima antiga ás 12.30h. Ás 13 horas comezará a música en directo e ás 14h a tradicional comida con prezos populares nunha zona do castelo preparada para elo. 

Xa pola tarde, ás 16 horas, abrirá para os máis pequenos a escola do soldado e ás 17 horas comezará a habitual chamada ás armas e salvas de honra. Ás 17.30 horas ofrecerase unha visita teatralizada pola exposición permanente Batalla de Brión e ás 19 horas serán os salvas de honor en recordo dos caídos na batalla de Brión. 

O día 28, o Concello de Ferrol, en colaboración coa asociación de veciños Castelao de Brión e a asociación de veciños dos Montes do Cha de Brión, celebrarán a tradicional recreación da loita contra os ingleses, que sairán ás 10 horas en lancha do peirao de Curuxeiras cara San Felipe. Tras unha ruta de 12 quilómetros, reuniranse no monte de Brión cos defensores, que sairán ás 12 horas do local social de Brión. Tras a simulación, haberá xogos para nenos e unha comida popular. A concelleira estivo acompañada polo presidente da asociación Castelao de Brión, José Oreona; o presidente da asociación Batalla de Brión, Marcelo Ruiz; e a guía turística Isabel Díaz-Robles. 

Exposición de vehículos antigos 
Por último, a concelleira anunciou que o día 27 de agosto, de 16 a 22 horas, haberá unha exposición de coches antigos na explanada de Fimo en colaboración coa Escudería de Ferrol. A mostra trasladarase ao día seguinte, 28 de agosto, ao Cantón de Molíns, de 10.30 a 14 horas. 

Poden consultarse todas actividades de dinamización no enlace https://bit.ly/3JT0YKc





Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar