Novas

xoves, 16 de setembro de 2021

O Concello recibe 18 proxectos para a convocatoria do Premio Solidario Cidade de Ferrol 2021

O certame conta este ano por vez primeira con dúas categorías, unha referida a proxectos locais cunha dotación de 6.000 euros, que recibiu 13 propostas, e outra no eido da cooperación internacional, por 4.000 euros, con cinco proxectos presentados


O Concello recibe 18 proxectos para a convocatoria do Premio Solidario Cidade de Ferrol 2021

O Concello de Ferrol vén de recibir un total de 18 proxectos para a convocatoria deste ano do Premio Solidario ‘Cidade de Ferrol’, que conta por vez primeira con dúas categorías. A primeira, a que se viña convocando nos últimos anos, está dirixida a proxectos locais de solidariedade e voluntariado e conta cunha dotación de 6.000 euros. Esta liña recibiu 13 propostas. A segunda categoría, para iniciativas no eido da cooperación internacional, premia con 4.000 euros o proxecto mellor valorado dos cinco que se presentaron. Así o trasladou esta mañá a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, na comisión informativa de área de cada xoves. Indicou aos grupos municipais da oposición a súa “satisfacción” pola “boa acollida do certame”, o que “evidencia”, dixo, “o rigoroso e arduo traballo que desenvolven as entidades sociais da nosa cidade”. Una vez valorados os proxectos presentados anunciarase un prazo de dez días para subsanar a documentación. 


Na comisión informativa a concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, deu conta das actividades desenvolvidas nos campamentos de verán organizados polo Concello, que este ano ofertou 100 prazas no rural e 340 nos urbanos, como charlas da asociación de loita contra o cancro para sensibilizar sobre os perigos das radiacións solares durante o verán e obradoiros sobre hábitos de alimentación saudable. Tamén indicou que durante as festas de verán realizáronse durante as festas de verán máis de 300 consultas no eido da violencia de xénero. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar