Centro de Información á Muller
CURSO “Accións de capacitación do persoal político e técnico”. Fundamentos teóricos e ferramentas prácticas para a integración da prespectiva de xénero nas políticas locais.
Esta acción formativa vai dirixida a concelleiras/os e a todo o persoal municipal, que lles interese a realización do curso.
Duración do curso: 25 horas, distribuidas en cinco xornadas.
As datas de realización:
18, 18, 20, 21 e 25 de ocubro do 2.011
Programa de conciliación "Respirando"
Obxectivos e principios
O obxectivo do CIM é incentivar a participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e social das mulleres do Concello de Ferrol.
É un departamento de carácter permanente destinado a proporcionar atención psicolóxica, asesoramento xurídico e información en materia de recursos. Así mesmo, os CIM proporcionan información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades.
Se ocupa como prioridade á atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo a súa disposición, facilitando e informando sobre o acceso aos recursos existentes a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
É a porta de entrada das mulleres na Casa de Acollida.
Atende a Mulleres procedentes doutros concellos limítrofes.
Principios que rixen o funcionamento do CIM
- Anonimato na identidade das usuarias, garantía de privacidade e confidencialidade.
- Servizo totalmente gratuito.
- Respeto á vontade das usuarias na búsqueda de posibles solucións ás consultas presentadas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL