Obxectivos e principios

O obxectivo do CIM é incentivar a participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e social das mulleres do Concello de Ferrol.

É un departamento de carácter permanente destinado a proporcionar atención psicolóxica, asesoramento xurídico e información en materia de recursos. Así mesmo, os CIM proporcionan información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades.

Se ocupa como prioridade á atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo a súa disposición, facilitando e informando sobre o acceso aos recursos existentes a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.

É a porta de entrada das mulleres na Casa de Acollida.

Atende a Mulleres procedentes doutros concellos limítrofes.

Principios que rixen o funcionamento do CIM

  • Anonimato na identidade das usuarias, garantía de privacidade e confidencialidade.
  • Servizo totalmente gratuito.
  • Respeto á vontade das usuarias na búsqueda de posibles solucións ás consultas presentadas.

 

 


2011 © Concello de Ferrol - Centro de Información á Muller