A Concellería de Igualdade organiza un curso de Ximnasia Pélvica destinado a mulleres, con contido teórico-práctico.
- Número máximo de prazas: 25
- Remate de prazo o 10 de outubro
- Datas e horario do Obradoiro: Os xoves 11, 18, 25 de outubro e 8 de novembro de 11 a 12 h
- Lugar de entrega de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Ferrol (Praza de Armas s/n) en horario de luns a venres de 9 a 14 h ou de 9 a 13 h os sábados). Coa solicitude debe achegar un VOLANTE DE EMPADROAMENTO.
Máis información en www.ferrol.es/casadamuller ou nos teléfonos 981 944 240 / 981 944 124