Novembro

APERTURA INSCRICIÓNS OBRADOIRO DE INFORMÁTICA Destacados

Desde o luns 13 de novembro ás 9:00h, ata o venres 17 ás 14:00h, estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal, www.ferrol.gal ,coma no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol (no Pazo Municipal - Praza de Armas) os impresos para solicitar o obradoiro de informática, que serán entregados no propio Rexistro Xeral Municipal ben de forma presencial ou telemáticamente para as persoas que teñan certificado da FNMT ou DNI-E habilitado.

 

Haberá dez modalidades diferentes e no impreso se poden marcar dúas opcións por orde de preferencia, aínda que se concederá unha única actividade por muller inscrita. As dez modalidades son: Iniciación básica a la informática, Repaso e mantemento, Nivel Avanzado, Imaxe: Foto e vídeo dixital, Internet, e-mail e comercio electrónico, Smartphone e tablet, Nube: Dropbox e google drive, Fai a túa web e blog, Redes Sociais: Twitter, Facebook e por último, Servizos da Administración electrónica (trámites do Concello, Xunta....).
Archivos adjuntos:
volver ao principio