Xa polo miúdo, a edil María López explicou que as sesións celebraranse na Aula de Informática da Biblioteca Municipal entre o 1 de marzo e o 30 de xuño, dous días á semana (martes e xoves). ¿Horario? De 17.00 a 18.30 horas. Serán impartidas pola socióloga e traballadora social Rosa Rivera e a traballadora social Raquel Hermida. Estas dúas profesionais introducirán ás asistentes no proxecto “Mulleres na Rede” en conceptos básicos de informática -a idea é partir de cero, polo que non se require formación nin coñecementos previos-, sendo o obxectivo final capacitar ás mulleres para crear o seu propio blog. Para iso, formaranse grupos homoxéneos, tal e como puntualizou a concelleira de Muller, subliñando que con esta actividade, que responde ás demandas plantexadas en reiteradas ocasións polas usuarias da Casa da Muller, estas instalacións municipais adéntranse no mundo das tecnoloxías -a idea é darlle continuidade con novas edicións a esta actividade en función da resposta obtida-.
E ao fío disto, María López anunciou que, de xeito paralelo, a Casa da Muller está a elaborar a súa propia páxina web, que entrará en funcionamento en vindeiras datas, coa finalidade de achegar a todas as ferrolás información polo miúdo acerca de todas as actividades, accións formativas, obradoiros ou servizos que se prestan na dita Casa. Deste xeito, ademais de facilitar información e mellorar a atención sobre a oferta de actividades que se leva a cabo ao longo do ano evitaranse desprazamentos innecesarios ata as instalacións para recabar información ao respecto. Trátase, en definitiva, de crear un espazo na rede participativo e aberto ás opinións e suxerencias de todas as mulleres, que poderán remitir á dita páxina web todas aquelas informacións, peticións, demandas ou intereses que consideren de utilidade no desenvolvemento da Casa da Muller.
- Tamaño de fonte redución da fonte ampliar fonte
- Imprimir E-mail
O Concello promove un curso de Alfabetización Dixital no marco do proxecto Mulleres en Rede
Achegar ás mulleres de Ferrol ás novas tecnoloxías é o obxectivo da nova actividade impulsada pola Casa da Muller baixo o nome de “Mulleres na Rede”. Un curso de Alfabetización Dixital totalmente gratuíto para as persoas interesada en participar nel que se desenvolverá a partires do mes de marzo na Biblioteca Municipal da Praza de España e que se enmarca dentro do amplo programa de actividades que se celebrará no devandito mes adicado á muller. Así o avanzou a concelleira de Muller, María López, quen informou de que hoxe, martes, se abre o prazo de inscrición neste proxecto -este pecharase o vindeiro 25 de febreiro-. ¿Onde anotarse? Na propia Casa da Muller, ubicada na rúa Lugo, número 56, en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, de luns a venres. O número de prazas é limitado (ofértanse un total de 15), tal e como indicou, avanzando ao mesmo tempo a próxima posta en marcha dunha web da Casa da Muller.
Rúa Lugo, 56 15402 Ferrol
Horario: Luns a Venres: 10 a 14 h - 17 a 20 h.
Tel 981 944 240 | casadamuller@ferrol.es